Un medio "arxentino" nos corolarios da Guerra Civil: Galicia e as fronteiras textuais das páxinas transatlánticas de <i>España Republicana</i>

No marco dos estudos transatlánticos, a presente proposta aspira a salientar parte da presenza de Galicia nas letras de <i>España Republicana</i>, publicación do Centro Republicano Español de Buenos Aires, órgano de prensa que albergou cuestións políticas pero tamén culturais en termos a...

Descripción completa

Guardado en:
Detalles Bibliográficos
Autor principal: Sánchez, Mariela Paula
Formato: Articulo
Lenguaje:other
Publicado: 2017
Materias:
Acceso en línea:http://sedici.unlp.edu.ar/handle/10915/127668
Aporte de:
Descripción
Sumario:No marco dos estudos transatlánticos, a presente proposta aspira a salientar parte da presenza de Galicia nas letras de <i>España Republicana</i>, publicación do Centro Republicano Español de Buenos Aires, órgano de prensa que albergou cuestións políticas pero tamén culturais en termos amplos. Os ancoradoiros xenéricos e as características dun determinado soporte poden ser sometidas a unha análise baseada en relatos que migran desde algunha publicación clandestina e que pasan a ser núcleos posibles para as referencias á Guerra Civil e as súas consecuencias, a difusión de textos concibidos como literarios e de nula posibilidade de difusión na España franquista, e a resignificación de diferentes realizacións da resistencia de escritores e escrituras de Galicia. Establecerase unha selección centrada nos anos 40 e 50 que permite –nas tan estudadas converxencias pero tamén nas friccións entre xornalismo e literatura– entrever nodos narrativos dunha cultura longamente silenciada, portadora dun destacado rol no campo literario que ineludibles figuras de autor cultivaron na Arxentina e que atopan nas páxinas do xornal feito en Buenos Aires unha particular resonancia. Tanto personalidades destacadas como suxeitos anónimos capaces de dar mostras de universalización e representatividade son tomados por un soporte que desde 1918 e ata comezos da década dos 80 do século XX sostivo –malia a distancia e as dificultades materiais que por momentos puxeron en perigo a súa periodicidade– as voces, as noticias e os principios do republicanismo, cun sitio sobranceiro para Galicia.